Os Poemas do Río

Blog

Seguide todo canto lles acontece ós personaxes da nosa obra teatral a través do blog de Os Poemas do Río.

Aquí poderedes coñecer como http://coinrate.com.co/cryptocurrencies/tether/ traballa o alumnado doutros coles como o teu e, xa que logo, veredes colgadas todas as cousas que nos mandedes feitas desde a vosa escola.


Mándadenos as fotos e os traballos da vosa escola cando traballedes ou representedes Os Poemas do Río. Nós colgarémolos de moi bo grado.

Xa pasástedes por aquí visitantes.


  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

O CEIP de Vite recita a nosa obra e A Volta do Castro

Escrito por o 5-05-13 en Blog | Comentarios desactivados

O venres 3 de maio o alumnado do Cole de Vite de Santiago actuaron na residencia de maiores “Volta do Castro” de Santiago ás 10 da mañán por solicitude da residencia ao ver o vídeo da representación no Certame de Teatro Intercentros, está claro que estes rapaces/as son uns/unhas artistas e non fan máis que nos encher de ledicia co seu entusiasmo.

Representaron OS Poemas Do RÍO!!!! e nós felices de que nov@s e maiores disfruten da mutua compaña, seica todo foi moi moi moi emocionante, que recibiron aplausos e agarimos mutuos, aquí vos deixamos as fotos que colgaron no seu blog, e a crónica que podedes ver neste enlace.

 

Bravo rapaces e mil gracias a Mercedes Senín, sen ela nada disto sería posible… mestraza!

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

Visitamos o CEIP Graxal en Culleredo (A Coruña)

Escrito por o 5-05-13 en Blog | Comentarios desactivados

Estivemos o pasado día 16 de maio visitando á rapazada do CEIP O Graxal, da man da nosa directora favorita de teatro escolar Noa Vedia Baliñas, profesora do cole. Xunt@s vimos a obra de teatro e ademáis disfrazámonos dos personaxes que enchen a nosa fraguiña poética. Cada un debuxou aquelo que máis lle gustou do nosoteatriño e despois fixemos un bonito tendal que quedou exposto no colexio. Foi unha mañá xenial e na que nos agasallaron cun fermoso peto cheo de moedas de papel que eles/as mesmas fixeron. Gracias rapaces/as por todoooo :)

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

O CEIP VITE LÉVANOS Ó XVII CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS

Escrito por o 4-04-13 en Blog | Comentarios desactivados

 

Est@s artistaz@s son o alumnado de 4º Primaria do colexio de Vite representando o noso OS Poemas Do RÍO  no XVII CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS en Santiago de Compostela no Salón de Actos da Escola de Maxisterio.

Rapaces/as estamos che@s de fachenda de que nos teñades elexido para amosar a vosa arte!

 


Gracias Mercedes Senin da gusto que haxa mestres/as coma vos .

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

OBRADOIROS NO SALÓN DO LIX EN PONTEVEDRA

Escrito por o 4-04-13 en Blog | Comentarios desactivados

Estivemos participando na edición deste ano do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou en Pontevedra

Pasámolo xenial con toda a xete qeu se animou a participar con nós nos nosos obradoiros, da gusto ver canto artista hai solto polo  mundo diante, aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasamos con tod@s eles/as…

O día que estivemos no Salón fixéronos unahs pequenas entrevistas para a TVG e a TVE1, aquí vos deixamos tamén os enlaces :)

Coa xente da  TVG

Con Loreto e o cámara da TVE1, podedes ver o corte a partir do minuto 10

 Ver vídeoTelexornal-Galicia - 19/03/13

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

No Cole de Vite I (Santiago) representan no nadal Os Poemas do Río

Escrito por o 1-01-13 en Blog | Comentarios desactivados

@s amig@s do Cole de Vite I en Santiago representaron a nosa obriña no festival de nadal.

Deixámosvos as fotos que nos pasaron e en breve colgaremos un video coa representación.

Que xente tan traballadora, sentímonos honrad@s.

Seguide todo o seu traballo no seu blog: www.segundovite.blogspot.com

Gracias a Mercedes  Senín

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

Estivemos de sorteo no facebook

Escrito por o 1-01-13 en Blog | Comentarios desactivados

O Apalpador encargouse de facer un sorteo entre tod@s aqueles/as que nos mandaron as súas fotos lendo neste 2012 o noso contiño e que nos permitiron colgalo no noso facebook.

Sorteabamos un bonito abecedario feito pola nosa Ilustratiz Aurora Cascudo Román.

E @s agraciados foron Sara e Manuel :)

Parabéns! e gracias a tod@s cantos participastes…

Gañador e gañadora cos seus premios

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

Exposición virtual de traxes galegos no noso Facebook

Escrito por o 10-10-12 en Blog | Comentarios desactivados

No Concello de Lugo van facer un concurso de traxes rexonais galegos.  Pareceunos unha idea tan fantástica que decidimos facer no noso facebook unha exposición dos traxes de galeg@s d@s nos@s lectores/as. a xente estase a animar e mándanos as súas fotos. Podedes entrar a velas… nós pola nosa banda deixámosvos aquí a foto do recortable para Maruxiña co seu traxe de galega (podedes atopar máis na sección materiais desta páxina web).

 

Descarga as mariquitas aquí

 

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

Entrevistáronnos en Radio Burela recomendando o noso libro

Escrito por o 8-08-12 en Blog | Comentarios desactivados

Aquí tedes o audio da entrevista que nos fixeron en Radio Burela, abride as orellas…

 

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

De como o pasamos en Foz con OS POEMAS DO RÍO

Escrito por o 8-08-12 en Blog | Comentarios desactivados

Aquí vos deixamos unhas fotos de cantos nos divertirmos cos/as artistas de Foz… e además cun día de solazo :)

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF

Os Poemas do Río na prensa da Mariña

Escrito por o 8-08-12 en Blog | Comentarios desactivados

A prensa da Mariña recolle o noso taller da semana pasada, aquí deixamos unhas fotos da prensa

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame
  • Google Reader
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Instapaper
  • Email
  • RSS
  • PDF
Wordpress Themes - Free Wordpress Themes