CRIS
Cristina Corral Soilán
Lugo (1976)
Escritora, xornalista e profesora de secundaria de lingua e literatura española
É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) e a Universidade de Santiago (USC) respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.
Realizou os Cursos de Doutorado no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC.
Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso de Lugo e na axencia Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española.
É autora dos poemarios Anxos de Pedra (Scio, 2001) e Esencia de Trementina (Scio, 2008). Escribe contos e teatro para nen@s e colabora con diversas revistas como Xistral ou Trasluz.
Prepara a súa tese no departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da USC en torno ó tema da Educación da Muller dende a época republicana á franquista.
AURORA
Aurora Cascudo Román
A Coruña (1968)
Ilustradora (ou “ilustratiz”) e deseñadora gráfica.
Ilustradora de corazón e vocación, deseñadora gráfica, e técnico en Administración de Sistemas Informáticos no Fernando Wirtz.
Cursou estudos de Filoloxía Inglesa nas facultades de Filoloxía da Coruña e Santiago de Compostela (USC).
Ten traballado como técnico de revelado fotográfico, deseñadora web, e tamén como mestra de informática en actividades extraescolares no CEIP María Pita (A Coruña).
Actualmente traballa como deseñadora gráfica en Netex, empresa adicada ao e-learning, compaxinando este traballo con colaboracións no mundo da ilustración.
Blog:
www.primerospinitos.blogspot.com
Portafolio:
Cargo collective
Domestika
JAVI
Javier Prado Espiñeira. A Coruña (1978)
Músico, programador informático e mestre especialista en Audición e Linguaxe
É Músico, Diplomado en Maxisterio na especialidade de Audición e Linguaxe pola Universidade da Coruña, na que tamén cursou os estudios de Dereito. É Técnico en Desenrolo de Aplicacións Informáticas polo Instituto Isidro Parga Pondal.
Participou en varios proxectos musicais como Tirando Pa´ Lante ou Antonio León (ó que lle produce o seu primeiro EP) ate conformar o seu propio proxecto: Moondogs Blues Party do que grava e produce todos os instrumentos do seu primeiro disco, “O Cadelo lunático” (Autoeditado, 2007) co que obten o 1º Premio do concurso “Talentos 2007” de EL PAÍS.
A súa música véndese en Canadá con Kerf Music e o produtor norteamericano Kris Kaczor usou o seu tema “Walking night in Missisipi” para un DVD sobre a escravitude do Instituto de Historia de América. Na actualidade está presentando o seu segundo álbum “Thirty Roads” (Hotsak, 2011) e traballa na creación de varias bandas sonoras para productos do audiovisual galego.
Colabora ademáis en diversos proxectos musicais e culturais de distinta índole e é o secretario da asociación cultural “Desire” ademáis de coeditor do fanzine local “16Toneladas”.
IRENE
Irene Penas Murias
A Coruña ( 1966)
Editora en Everest
Directora de Publicacións de Editorial Everest Galicia (A Coruña). Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou estudos de Dirección de Empresa e de Formación en Artes Gráficas. Así mesmo, participou en diversos congresos relacionados coa literatura infantil e xuvenil, coa tradución e co ensino das linguas galega e castelá.
Ademais de dedicarse á docencia como profesora de Lingua e Literatura españolas, e como profesora de Lingua e Literatura galegas, traduciu arredor dun centenar de obras ao galego e exerceu de asesora lingüística para empresas de dobraxe de series de animación.
Desde 1996, combina a tradución coa dirección editorial de Everest Galicia.